A pequecha

2 octubre 2008 at 23:28 4 comentarios

Ela colle a pequena no colo.  Mirándose aos ollos, unha fronte a outra, co cuíño da nena apoiado nos seus dous brazos. A nena agárrase ben a ela, cos seus braciños. Sorrí.

-Bailamos, rula?

Agora a nena ri, con ese riso de bebé, gargalladas que xorden dunha gorxa que aínda está aprendendo a formar ese son. Si, parece que quere bailar; non sabe moi ben aínda en qué consiste iso, pero parece que quere.

Móvense as dúas despacio primeiro, adiante atrás, á dereita á esquerda. Ela move os pés, as pernas, a cadeira, todo o corpo seguindo o ritmo dunha cantiga. Ela canta. Algunha estrofa de calquera canción que lle vén á cabeza, que non sabe enteira, ou que non lembra de todo.

– Nanananananá, baila que bailame, naninaninanana, Salomé… Un dos tres, un pasito p’alante María un dos tres un pasito p’atrás…Y dime siiii tú estás conmigooooooooooo o contra míiiii, i i iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii

A nena ri. Alto e forte. Con ese riso de bebé feliz, que se sabe querido. Mira á muller. Ela devólvelle a mirada. Abrázanse mentras bailan. Están contentas as dúas.

-Mellor poño a radio, si, nena? Non sei cantar mui ben que dighamos… E a ver se alghunha a facemos enteira.

E ri. A nena tamén. De maneira case estrondosa.

-A ver, que sae…

Pola radio escoitase unha canción de Víctor Manuel.

Ella fue a nacer en una fría sala de hospital; cuando vio la luz, su frente se quebró como cristal, porque entre los dedos a su padre como un pez se le escurrió. Hace un mes cumplió los veintiséis. Sólo pienso en ti. Hey, sólo pienso en ti. Juntos de la mano se les ve por el jardín. No puede haber nadie en este mundo tan feliz. Hey, sólo piento en ti

Ela modera o ritmo do seu bailar. Move os pes máis despacio. Move só as cadeirasadiante atrás. Baixa a voz. Canta case bisbando. Sólo pienso en ti sólo pienso en ti. A nena vai baixando a cabeciña, péchanselle os ollos, o seu lombro inclínase cara o colo dela.  Pon a cabeza agora no ombreiro da muller, o brazo dereito contra o seu peito, retorcida coma cando estaba no ventre. Treme de repente. Está a quedar durmida. Ela bícalle no cabelo. Musita “durme, parrula, durme”. Segue movendo o corpo, dereita a esquerda, esquerda a dereita. A nena xa durme agora no colo dela. Sólo pienso en ti sólo pienso en ti.

http://es.youtube.com/watch?v=b5sskkdQyt0

Anuncios

Entry filed under: Revoltallo.

Mujer desesperada en mudanza, tercera fase Mujer desesperada en mudanza, cuarta fase

4 comentarios Add your own

  • 1. Anaia  |  3 octubre 2008 en 16:04

    Ai… que se lle cae a baba a tia… xD

  • 2. Kaia  |  4 octubre 2008 en 23:59

    Tes razón, Anaia, babeas de todo 😉

  • 3. anama  |  5 octubre 2008 en 20:17

    Que bonito texto!
    E que preciosa canción… sempre gustoume…
    Saudos e apertas ^^

  • 4. Xocolata  |  7 octubre 2008 en 23:17

    Por qué será que ós mociños lles gusta tanto iso de que bailoteen con éles? Coido que non hai un neste mundo que non se bote a rir se o collen no colo e se poñen a brincar e a bailar con él 😛

    Coincido con Anamá: un texto moi bonito… E con Anaia: chéganme as túas babas ós pés xD

    Biquiños!!^^

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 66,823 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

Parques. La cotidianidad del #verano es descubrir caminos. Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos

A %d blogueros les gusta esto: