Disque de cativa

4 mayo 2010 at 19:48 4 comentarios

Disque cando era cativa era un sarillo. Disque era unha lideira. Seica era tamén moi rideira. Seica de cativa non paraba de falar. Disque nas festas sempre estaba a bailar. Lembro xogar a ser raíña do meu castelo co camisón de seda da miña nai como vestido de festa. Lembro facer vestidos de princesa co mantel a cadros verdes. Seica tiña moita fantasía.

Disque sempre estaba cun libro na man. Lembran de quedar pechada na casa das miñas curmás lendo mentres eles marchaban. Lembran que lía cousas de maiores. Din que comecei a ler soa, mentres unía as letras que saían nos libros.

Recordo montar no carro para ir ás leiras cos meus avós. Lembro os camiños. Recordo deixar a botella do viño e maila gaseosa a enfríar no regato. E facer trenzas, xogando ás perruqueiras, falando con clientas imaxinarias, coas barbas do millo. Debullar coa miña avoa, facer chourizos, filloas de sangue, pero saír a correr cando chegaba o matador. Lembro esmagar as mazás para facer sidra co meu avó, despois de pasalas moi ben por auga e quitarlles o becho. Esparruchalas co mazo pequeno porque non daba collido o grande.

De cativa cazaba grilos e deixábaos de novo na cova. Berraba cos nenos que os afogaban, pero ía cazar sapos ás pozas. Montaba na bicicleta e facía cabanas de fento baixo os piñeiros. Cando pequena subía ás arbores co can no colo ás polas máis altas, e baixaba dun chimpo lixeiro.

Seica de cativa era loiriña e gordecha. Lista coma un allo. Sempre a rir, a cantar e a xogar. Seica de cativa era feliz.

Anuncios

Entry filed under: Diario. Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , .

Su primer amor era un dios griego de la belleza; diez años más tarde, su primer amor era… Ángeles de Charlie mecánicas

4 comentarios Add your own

  • 1. Ana  |  4 agosto 2010 en 13:41

    Kaia, … ordeando os emails, que tiña a miles, porque estou suscrita a isto e a aquelo e logo non teño nin tempo de leer máis da metade… atopeime con esta xoia.. que se me colara.
    Qué precioso! si, si, … Kaia, a nena enamorada dos libros.♥

  • 2. Ana  |  5 agosto 2010 en 8:33

    Lino outra vez hoxe, encántame…Por certo… Isto é de cando os nenos e nenas tiñan oportunidade de usala imaxinación, e non estaban monopolizados polas consolas,etc.

  • 3. Kaia  |  5 agosto 2010 en 8:36

    Grazas, miña linda… Algún día escribirei algún sobre nós as tres… E sobre nós os cinco… Co noso/voso Trostky-Timmy ♥

  • 4. Ana  |  5 agosto 2010 en 10:35

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 66,495 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

La cotidianidad del #verano es descubrir caminos. Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos Cuando hace buena tarde,  la calle principal de la ciudad se llena de gente paseando en #tareasdelacotidianidad

A %d blogueros les gusta esto: