O corvo, a raposa e o queixo

22 enero 2011 at 18:59 2 comentarios

(Á miña avoa A. e á miña tía J., no meu recordo. A R., na procura de consolo)

A cativa baixa da cama. Os pés descalzos tocan no chan, dá uns pasos, abre a porta e bota a correr cara ó cuarto do fondo. Fóra, a treboada roxe.

-Avu, avu, teño medo dos tronos. Podo durmir aquí?

-Claro, miña nena. Acocha aquí onda o avó. Queres que che conte un conto?

-Quero, avu.

– Na póla dunha árbore, moi oufano e contento, cun queixo no peteiro, estaba o señor Corvo. Do cheiro atraída, unha Raposa moi espilida, díxolle estas palabras, pouco máis ou menos…

E o avó contaba en voz baixa, mudando as voces dos protagonistas do conto, a fábula do corvo, o queixo e a raposa ata que a nena durmía sen medo.

A muller nova ten a frente apoiada no cristal da fiestra. Fóra, os lóstregos alumean un ceo escuro. Os tronos ocupan o silencio do cuarto. Observa caer a choiva.

Un vello está tumbado na cama. Treme baixo o cobertor. Un lamento escoitase no cuarto.

-Avu, tes medo da treboada?

A muller recorre o camiño ata a beira do leito e toma a man do avó. Acariña a pel engurrada. Roza cos dedos o rostro percorrendo as liñas das meixelas.

-Non teñas medo, avu. Vouche contar un conto. Queres? Na póla dunha árbore, moi oufano e contento, cun queixo no peteiro, estaba o señor Corvo. Do cheiro atraída, unha Raposa moi espilida, díxolle estas palabras, pouco máis ou menos…

A moza conta en voz baixa, mudando as voces dos protagonistas do conto, a fábula do corvo, o queixo e a raposa. O vello cesa o lamento e deixa de tremer co son. Bágoas de silencio caen.

(Fotografía extraída de profejuani.blogia.com)

Anuncios

Entry filed under: Cosas cualesquiera, Cosas de casa, Diario. Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , .

Hablamos del sexo de los ángeles del fuego A veces, mientras conduce.

2 comentarios Add your own

  • 1. Juani  |  23 enero 2011 en 19:45

    Me ha encantado la ternura que se respira, un abrazo.

  • 2. Tino Gallego  |  23 septiembre 2011 en 16:20

    Canto amor do avu a neta devolto pola neta o avu, emocionoume, gracias Anabel. Biquiños.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 66,495 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

La cotidianidad del #verano es descubrir caminos. Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos Cuando hace buena tarde,  la calle principal de la ciudad se llena de gente paseando en #tareasdelacotidianidad

A %d blogueros les gusta esto: