“Trece badaladas”, de Suso de Toro

18 abril 2011 at 13:36 Deja un comentario


Suso de Toro é un dos meus escritores favoritos. Deses dos que teño que ler cada un dos escritos que publica. Por iso, cando se puxo á venda esta novela, aló polo marzo do 2002, merquei dous exemplares: un, como agasallo para a miña irmá; outro, para min.

E foi quedando a súa lectura para máis tarde. Un día, ela díxome que pasara moitísimo medo lendo esta historia. E algo, inconscientemente, fixo que ese “para máis tarde” fose para moitísimo máis tarde. Tanto como este mes de abril de 2011, nove anos despois de telo mercado.

Abrino con coidado, con prevención, con dúbidas. Estaba disposta neste momento a ler unha novela de terror? O caso é que, mentres ía avanzando no texto, non sentín ese pavor que pensaba ía sofrer. Inquedanza nalgún momento, xa case ó final; sorpresa, atención, desexo de seguir lendo sen poder parar de facelo… E cando rematei, unha sensación de que todo tiña sido como debía ser, aínda que non fose o que eu quixese que tivera sido.

(As novelas que estou a ler ultimamente non rematan ningunha como a min me gustaría que acabasen. Está claro, logo, que manda o escritor, non o lector)

Cando lin a última palabra, caín na conta de que, nesta semana de casualidades, coincidencias e sorpresas, este ano celebrase o 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago de Compostela. Que forza misteriosa, que fado xoguetón, que sombra oculta me impediu ata agora abrir este libro que leva tantos anos nos meus andeis, e que me ten acompañado en cada traslado, en cada mudanza, só para animarme a facelo agora?

P.S: En castelán está publicado, co título de “Trece campanadas” en Seix Barral, e en Alianza Ed. en edición de peto.

Anuncios

Entry filed under: Algo de lo que leo. Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , .

Abusos Corazón de miga de pan

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 66,495 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

La cotidianidad del #verano es descubrir caminos. Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos Cuando hace buena tarde,  la calle principal de la ciudad se llena de gente paseando en #tareasdelacotidianidad

A %d blogueros les gusta esto: