As ausencias que virán.

18 julio 2011 at 0:20 1 comentario

Hoxe quería contarlles unha historia.

Pero non sei se serei quen de contar a historia dunha amistade de oitenta anos. Duns cativos que eran veciños, e que hai setenta anos (setenta anos! toda a vida!; quen é capaz de contala nun breve post?) coñeceron nos bailes e nas festas da postguerra a dúas irmás da mesma idade. Para namoralas, tiveron que fuxir das malleiras dos mozos da parroquia, ós que non lles gustaba un chisco que andivesen os de fóra a facerlles as beiras ás mozas da súa aldea.

Non sei se serei capaz de contar que eses dous amigos casaron con cadansúa namorada, así que se converteron en irmáns por lei. En irmáns de lei tamén.  Tantos anos compartindo domingos de cartas e cafés, case un ritual nos últimos anos; compartindo as alegrías polos nacementos dos fillos, dos netos, ata dos bisnetos que algunha non chegou a coñecer; compartindo as dores polas mortes prematuras de irmáns e fillos que eran sobriños ó tempo; compartindo a vida, xa que logo.

Como contar hoxe a historia dos meus avós e os meus tíos? A historia da miña familia? Hoxe, na fin de oitenta anos de amistade, só podo resumila nos meus recordos, eses que veñen á memoria de súpeto para acariñarme na dor, e que non queren ser ocupados pola imaxe dun corpo estático sen cor. Aínda que as emocións que voan polo meu corazón sexan agora a acordanza do aloumiño da man da miña tía na miña meixela cando, xa esvaéndose os seus propios recordos, lle preguntaban se sabía quen era eu. Aínda que estas memorias empuxen as bágoas a saír, tamén as enxugan. Tamén me abrazan e consolan, tamén me acariñan hoxe, que o meu tío me ensinou que non é certo que estea preparada para as ausencias que virán.

Anuncios

Entry filed under: Cosas de casa, De amicitia, Las tareas de este mundo, Revoltallo. Tags: , , , , , , , , , , , , , , , .

Cuando tú no estás, el color se apaga en mi vida´. Cando unha nai enferma…

1 comentario Add your own

  • 1. anacobas  |  20 julio 2011 en 12:07

    Abrazos e agarimos primiña. 😥 ♥♥♥

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 65,826 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos Cuando hace buena tarde,  la calle principal de la ciudad se llena de gente paseando en #tareasdelacotidianidad Mis contactos no dejan de poner fotografías de sus torrijas.  Así que me han dado envidia. Además, en  #SemanaSanta hacerlas y comerlas son #tareasdelacotidianidad, ¿o no? 😉

A %d blogueros les gusta esto: