“Y tú, que vives tan ajeno”

11 septiembre 2011 at 23:22 5 comentarios

Para N.F.C, quen, de certo, nunca vai ler isto.

Adicado a B. (preciosa elfo) e L.

El tiña un ollar triste e un deses sorrisos que unha sabe mentireiros, deses que só se mostran na faciana. Era (sería desexable que o seguise sendo) un rapaz intelixente, afabel, agarimoso e demasiado sensíbel, dicían. Era, de certo, demasiado inseguro, covarde e inestabel; demasiado incapaz de enfrontarse a vivir.

A ela, ás veces, parécelle cruzarse con el pola rúa. Hai uns días pensou que aquel rapaz cunha cativa da man podía parecérselle. Non. En ocasións, alguén que camiña apresurado, con aquel xeito del,  secuestra o seu ollar e fai que o siga coa mirada, só para estar certa de que non, á fin, non se lle asemella en nada.  Cando busca onde aparcar o seu automóbil, ela, que non cre en Deus algún, reza para que el non sexa ningún deses rapaces destruídos en corpo e espírito.

Houbo algún momento, fugaz, nestes anos, nos que lamentou que o seu afecto non se tivese convertido naquel amor que todos pensaban lle tiña. Ata el chegou a soñar con iso; ela sábeo ben. Aquel amor que todos temían, tamén. Agás ela. Ela, que en ocasións tenta lembrar cándo se volveu tan fría; des que día é capaz de decidir coa razón a quen amar e a quen non; en qué momento foi que se converteu nese tipo de muller. E lembra cando aconsellaban non enredarse máis e ela sorría, sabedora do errados que estaban todos. Agás ela.

Agás el, incluso. El, sobre todo. El, que desvíou a mirada cando ela non falou de amor. Ou que marchou cando ela llo pedíu. El, que a marcou como meta imposible, como camiño a percorrer collido da súa man, como faro que o guiase nos cantís, baixou os brazos cando ela non lle prometeu o futuro que el quería. Ela sementou a derrota, é consciente diso, pero non sinte remorsos daquilo que fixo, de calquera maneira. Só agarda volver atopalo algún día sorrindo, como de verdade, como nalgunha das últimas fotografías nas que están os catro, e que hai moitos anos xa que non ve.

P.S: O son do vídeo non é bo, nin a calidade, pero non conseguín atopar o vídeo orixinal.

Anuncios

Entry filed under: De amicitia, De artes de amores., Diario, Las tareas de este mundo. Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , .

Los amigos de verdad II Desde la casa del lago

5 comentarios Add your own

  • 1. anacobas  |  12 septiembre 2011 en 15:30

    ♥♥♥

  • 2. Kaia  |  13 septiembre 2011 en 9:54

    Agradecida, primiña, polo teu corazón e o teu amor.
    Quérote.

  • 3. anacobas  |  13 septiembre 2011 en 11:15

    Eu tamén che quero primiña. Moitas gracias por estes relatos. Éste é un deses que chega ó corazón. Beixiños.

  • 4. Tino Gallego  |  13 septiembre 2011 en 15:45

    Fermoso e triste relato. Biquiños.

  • 5. Kaia  |  17 septiembre 2011 en 12:28

    Moitos bicos para ti tamén, Tino! Gracias!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 65,826 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos Cuando hace buena tarde,  la calle principal de la ciudad se llena de gente paseando en #tareasdelacotidianidad Mis contactos no dejan de poner fotografías de sus torrijas.  Así que me han dado envidia. Además, en  #SemanaSanta hacerlas y comerlas son #tareasdelacotidianidad, ¿o no? 😉

A %d blogueros les gusta esto: