O meu avó

10 febrero 2012 at 9:57 2 comentarios

Imaxe extraída de http://www.vejezyvida.com

Disque o primeiro amor, e o único que dura toda a vida, dunha nena é o seu pai. Disque tamén el é o espello no que se han ter que reflectir todos aqueles que pretendan chegar ó corazón da filla.

Non é o meu caso. O home da miña vida é o meu avó. A miña avoa non está de acordo conmigo ás veces, pero non existe ninguén neste mundo tan bo coma el. E quizais por iso non hai home neste mundo que chegue nin sequera a altura do seus xeonllos.

Quizais porque fun o primeiro neto e a única neta durante trece anos, porque vivín con eles sempre,  a relación cos meus avós é especial. Cando era cativa, e a treboada invadía coa luz dos lóstregos o meu cuarto, eu ía co meu boneco en brazos durmir á súa cama. Durmía a sesta coa voz do avó contándome contos e fábulas. Montaba no burro e ía ás fincas con el acompañándoo no carro. Cun pequeno sacho sachaba nas patacas. Ou ía vendimar. Claro que vendimar para min consistía en ir catando as uvas para dicirlles se ese acio estaba ou non maduro. Ou andaba a facer trenzas nas mazarocas do millo. Pasaba as tardes do verán facendo sidra coas mazás da casa con el. Cando marchei a outra cidade, a case 1.200 km de distancia, sei que lle causei moita dor; demasiada para o que el merece, se merece algunha.

Non lembro momento da miña vida na que non estivese presente (algún, pero non é para contalo aquí, claro) Ata o día que marchei sempre temos vivido xuntos. Sei ben cales son as dúas persoas ás que adoro dende que teño conciencia: a miña irmá e o meu avó. Levo anos preparándome para o día que el non estea xa presente; nembargantes, sei por experiencia que nunca hei estar preparada para a súa falta.

Hoxe o meu avó cumple 88 anos. Quérote moitísimo.

Anuncios

Entry filed under: Cosas de casa, Revoltallo. Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , .

Os misterios da vida II I will always love you

2 comentarios Add your own

  • 1. Helena Villar Janeiro  |  10 febrero 2012 en 12:47

    Parabéns para ese amor. Ser pai ou nai -desde que se ten nacido- é un rol que o pode desempeñar outra persoa distinta. Eu levo o nome da avoa da que só conservo noticia escura, pois tiña dous anos cando morreu. E é á que máis lle quero dos catro. O amor ten as súas razóns e é intelixente.
    Grazas por esta tenrura tan ben narrada. Apertas.

  • 2. Despistado  |  11 febrero 2012 en 12:19

    Alguien dejó escrito que nadie puede hacer por los niños lo que hacen los abuelos: Salpican una especie de polvo de estrellas sobre sus vidas.
    Ojalá conserves al tuyo muchos años.
    Un abrazo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 65,826 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos Cuando hace buena tarde,  la calle principal de la ciudad se llena de gente paseando en #tareasdelacotidianidad Mis contactos no dejan de poner fotografías de sus torrijas.  Así que me han dado envidia. Además, en  #SemanaSanta hacerlas y comerlas son #tareasdelacotidianidad, ¿o no? 😉

A %d blogueros les gusta esto: