O verán de 2012

24 septiembre 2012 at 2:50 3 comentarios

Cadro de Sally Swatland

E resulta que non sei moi ben por que espertei. Co ben que estaba a durmir. E desvelei. Podía ter dado media volta e tentar seguir durmindo pero non. Andarei insomne, quizais.

Ou quizais que o Outono leva día e medio xa facendo notar que chegou con forza. Darme de conta de que setembro está a acabar, de que este ano o reconto dos momentos do verán poden limitarse a un verbo: traballar.  De que este ano non houbo festas, risos, bocas que bicar, nin ceas mil nin cafés, nin praia, nin paseos. Que pasou así, nun chiscar de ollos, como se anda a pasar a vida.

Mentres tomo esta infusión relaxante que axude ó meu corpo para volver durmir, sei que nada do anterior é mentira e que todo, ó tempo, é falso. E pregúntome onde anda todo ese optimismo que din que son. Xa llo dixen ós meus xefes: ándovos media alicaída, eh. Porque neste verán houbo moito traballo, si, e anda que iso é motivo de queixa agora. Porque non houbo praia porque non quixen. E porque este verán todo rondou o teu nome e o teu corpo. Non houbo máis bocas que bicar que a túa e chega de abondo, porque ningunha máis é necesaria. Houbo, neste verán, moito amor, e moita amizade. Moitos abrazos e moitos agarimos. Como podo esquecer todos eses kilómetros só para ver ás miñas mulleres? Houbo concertos e moita música. E houbo moitos risos a conta miña: moitas boas noticias, moitas sorpresas, moitos almorzos, moitas ilusións neses ventres que van crecendo.  E houbo despedidas para sempre. Como podo pensar que no verán que rematou hai dous días non houbo nada que contar?

Cando ti es o máis importante que contar.

O verán de 2012 comezou cunha promesa. O outono comeza co meu compromiso reflectido en flores. Como podo dicir, entón, que este foi un verán no que non houbo acontecementos dignos de sinalar?

Anuncios

Entry filed under: O verán / El verano. Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , .

¿Cómo será en esa estrella? Silencio abismante, más nada

3 comentarios Add your own

  • 1. zeltia  |  24 septiembre 2012 en 3:00

    Andaba eu a preparar un videoclip co mesmo contido, cando o ordenador cascou… agora nin imaxes, nin post, nin sono. Tamen desvelada.
    Parece que, ó fin, sí houbo verán cheo das cousas importantes para ti.
    Eu, ainda facendo reconto… de noite, insomne, todi parece … menos luminoso 🙂
    Lindos soños nas poucas horas q restan para erguerse

  • 2. Despistado  |  24 septiembre 2012 en 9:25

    La vida es eso kaia, un aglutinado de pequeñas cosas a las que a veces no damos importancia.
    Un abrazo

  • 3. Helena Villar Janeiro  |  24 septiembre 2012 en 11:06

    Moi lindo e moi bonita a viravolta para valorar a vida, o transcorrer cotián, o amor, a amizade e ata o futuro… Bico grande.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 66,262 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

La cotidianidad del #verano es descubrir caminos. Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos Cuando hace buena tarde,  la calle principal de la ciudad se llena de gente paseando en #tareasdelacotidianidad

A %d blogueros les gusta esto: