Premio “Liebster Blog”

24 octubre 2012 at 23:34 4 comentarios

A prezada e admirada Helena Villar Janeiro, dende o seu blogue http://tirardofio.wordpress.com vén de conceder a distinción Liebster Blog a esta bitácora. Con ela, os bloguers premian de xeito honorario a pequenas bitácoras e recíboo con emoción.

Ó aceptalo, comprometinme a premiar outros cinco blogs cos que me puxen en contacto pedíndolles o compromiso de cumpriren tamén as seguintes normas:

  1. Copiar e colar o premio no seu blog ligándoo ao blogger que as premiou
  2. Premiar a cinco blogs deixándolles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron.
  3. Confiar en que sigan a cadea.

Os meus cinco blogs premiados teñen todos en común unha visión analítica da Vida, narrada dende estilos e puntos de vista literarios e sociolóxicos. E son estes:

http://anchoasytigretones.wordpress.com, de Lorena Gómez Méndez, é, o meu entender, o mellor exemplo de boa literatura e dunha visión aceda e doce, ás veces amarga, pero exacta, do mundo no que vivimos.

http://mejornolodigo.blogspot.com.es, de Estefanía Arribas: unha selección de relatos orixinais cheos de sentimentos e emocións que dan pulo a unha grande forza narrativa.

Fálasme a min?, de Paz Zeltia, marabillosos textos breves,  que ben poderían ser a Vida feita conto,  acompañados de imaxes ou vídeos exquisitamente seleccionados.

Expatriada en Madriz, de Mirichan, no que desde a súa perspectiva de asturiana que vive en Madrid, vainos contando a realidade do seu vivir cotián, como estas Tareas que a acollen hoxe.

Blogme tendal, do actor Avelino González, divertida visión sociolóxica dun elemento arquitectónico que nos pasa desapercibido ós que non posuímos a súa capacidade de observación: os tendais. Teño que recoñocer que, dos cinco, con este é que co boto unhas boas risas.

Espero que vos gusten tanto como os desfruto eu e que a través deles cheguemos a novas bitácoras coas que seguir emocionándonos. E non quero rematar sen agradecer de novo a Helena Villar Janeiro as súas fermosas palabras, a súa continúa interacción e todo o que cos seus escritos levo deleitándome durante anos.

Anuncios

Entry filed under: De amicitia, Las tareas de este mundo, Revoltallo. Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , .

Silencio abismante, más nada “¿Truco o trato?” vs “churrumiños, churrumiños”

4 comentarios Add your own

  • 1. Helena Villar Janeiro  |  24 octubre 2012 en 23:47

    Graciñas a ti, por nos abrir as túas portas e estoutras novas. Parabéns ás blogueiras e ao blogueiro. Visitarémolos.

  • 2. zeltia  |  9 noviembre 2012 en 21:44

    Veño agradecerche o premio, e a descuberta dalgúns dos blogs que premiaches que eu non coñecía, como o de Avelino, cos seus tendais, que me gustan moito… Non llo podo dicir a el, porque ten os comentarios desactivados. Outros, como Anchoas e tigrotones, xa o leo hai algún tempo… así como o de Helena Villar.

    Tamén dicirche que, por fin, hoxe póñome coa tarefa de publicar un post cos 5 blogs.

  • 3. es de bien nacido ser agradecido « fálasme a min?  |  9 noviembre 2012 en 23:29

    […] Janeiro otorgoulle o premio Liebster Blog a Anabel Bugarín Villar, que ten un blog que se chama Tareas de la cotidianidad. Aceptar este premio leva a obriga de buscar cinco blogs a quen darllo. Un deles foi o meu. Agora […]

  • 4. Sigrid  |  10 noviembre 2012 en 18:55

    Moitas, moitas grazas pola distinción e pola descuberta dalgúns blogs. Como xa sabes ando “retirada” temporalmente do bloguerío (polo menos ata mediados de novembro) pero non de agradecer ás amigas ás distincións e os mecos. Moitas grazas, Anabel!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 65,826 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos Cuando hace buena tarde,  la calle principal de la ciudad se llena de gente paseando en #tareasdelacotidianidad Mis contactos no dejan de poner fotografías de sus torrijas.  Así que me han dado envidia. Además, en  #SemanaSanta hacerlas y comerlas son #tareasdelacotidianidad, ¿o no? 😉

A %d blogueros les gusta esto: