Carta ós Magos de Oriente

1 enero 2013 at 21:21 4 comentarios

Postal de Nadal de Ferrandiz

Postal de Nadal de Ferrandiz

Queridos Magos de Oriente:

Este ano fixen caso ás miñas promesas de comezo do ano e non cumprín ningunha das emendas que non tiña pensado cumprir. Así que fixen moitos kilómetros e deixei de ir ó ximnasio, e dende logo fun totalmente indecente, pouco virtuosa e bastante impúdica.

Xa que logo, funvos ben boíña e penso que merezo que sexades xenerosos. Repasei a carta do ano pasado e comprobei que moitas das cousas que pedín non me foron regaladas. Non é unha queixa nin unha reclamación esta constatación. Pola contra, este ano recibín un agasallo inesperado que vale moito máis que calquera cousa que vos poidera pedir, así que para min só solicito xuntanzas definitivas coas mans que acubillan o meu corazón. Parece pouca cousa, pero os catro sabemos que é un pedimento complicado.

Pido que as bágoas que sei que foran choradas no ano que marchou sexan as últimas para cada unha das persoas que as choraron. Pido que os dedos que se cruzan para traer sorte ós amigos que están lonxe sigan dando resultados positivos. Pido que cada un sinta que ten unha familia preto del, mesmo que non sexa carne da súa carne nin sangue do seu sangue. Pido que deixe de subir a luz, cona, que imos volver á luz das candeas. Pido que as ilusións sigan sendo o pulo que anima a esforzarse para conseguir o que calquera desexa. Pido que este ano que entra sexa de cor gris se non pode ser outra máis luminosa e alegre. E sobre todo, pido que fagades caso das cartas daqueles que escriben solicitando un traballo este ano.

Este ano, de novo, queridos Magos, pido que fagades maxia.

Anuncios

Entry filed under: Al final del año, Carta ós Magos de Oriente/ Carta a los Reyes Magos, Revoltallo. Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , .

A fada que quedou a durmir Ser político.

4 comentarios Add your own

  • 1. Helena Villar Janeiro  |  1 enero 2013 en 23:49

    Eu pido as mesmas cousas ca ti, querida, pero temo que non están nas súas mans como quereriamos. Unha aperta.

  • 2. filispines  |  7 enero 2013 en 11:56

    Oxalá che traian como mínimo o 75% do que pides. Principalmente, que non falte a ilusión, non podemos permitir que nos secuestren dito motor de loita. 🙂

  • 3. zeltia  |  8 enero 2013 en 14:48

    ah, vamos que ti reincides ano tras ano…

    se de verdade che traen xuntanzas definitivas coas mans que acubillan o teu corazón avisa, que empezarei a pedir eu.

  • 4. Kaia  |  10 enero 2013 en 11:58

    Feito. De calquera xeito, eu pedirei por ti, que ó mellor funciona 😉

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


El contenido de este blog es ficticio. O no, en algunos casos. Sea como fuere, leedlo como lo que es: un entretenimiento para mí y para vosotros. Gracias.
Licencia Creative Commons
Tareas de la cotidianidad por Anabel Bugarín (Kaia) se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.
Basada en una obra en listasdetareas.wordpress.com.

Cuánto te hemos contado.

Nos han visitado

  • 65,826 hits
Vamos cayendo, cayendo de nuestro zenit a nuestro nadir y dejamos el aire manchado de sangre para que se envenenen los que vengan mañana a respirarlo (Vicente Huidobro)
Rosa Regás, "Música de cámara", Ed. Seix Barral

Instagram

Dinosaurio disfrutando gozoso de la soledad matutina de la piscina, consciente de que esto se acabará pronto.
#vivaelverano #tdah #misniños #misniñoscontdah #dinosaur #pool #piscina #diariodemamabufala Este fin de semana no me enfado. #propositos Cuando hace buena tarde,  la calle principal de la ciudad se llena de gente paseando en #tareasdelacotidianidad Mis contactos no dejan de poner fotografías de sus torrijas.  Así que me han dado envidia. Además, en  #SemanaSanta hacerlas y comerlas son #tareasdelacotidianidad, ¿o no? 😉

A %d blogueros les gusta esto: