Posts tagged ‘bar’
Escribir de repente mientras observo su rostro.
Y estoy aquí sentada enfrente de él, le miro y me pregunto ¿cómo hemos llegado hasta aquí?
La respuesta la conocemos ambos, claro.
Pero tampoco interesa tanto. Lo único que importa es que estamos los dos aquí.
Aguantar as ganas

Da galería de Flickr de Wendell, http://bit.ly/14nkQn
Convideino a un café. Ben, quen di un café di unha cervexa. Naquela mesa fóra do bar, onde tantas veces temos falado. Estirei as pernas, os pés ó sol, a inevitábel pregunta «Como van as cousas?»
«Estamos en ERE, sabíalo? Supoño que o choio rematará nun par de meses. Logho, todos a tomar polo retambufo. Tantos anos… Non escoito os partes na radio, nin vexo os telediarios. Para que? Cando un sabe que lle queda pouco para entrar a ser un deses números que xornalistas e políticos citan e manexan con tanta frivolidade, do que entran ganas, cada vez que os escoitas falar, é de tirarte ó mar. Ou de botalos a eles. Pero eu non son deses. Nin duns nin doutros. Así que aguantarei as ganas…»
Aguantar. Canto tempo máis poderemos seguir aguantando as ganas?
Comentarios recientes